O Proxecto Le.es quere ser unha ferramenta que contribúa ao arquivo e estudo dun corpus literario en continua transformación, cando non en risco de desaparecer. Trátase de favorecer activamente o coñecemento e difusión da literatura electrónica creada e difundida en España, alcanzando novos e diferenciados públicos, construíndo unha rede formada por distintas institucións interesadas na preservación da literatura electrónica. O espazo deste proxecto busca ser non-canónico e antixerárquico, nada atento ás taxonomías xenéricas, un espazo intermedial e híbrido constituído por textos nos que conflúen o verbal, o visual e o sonoro.O Proxecto Le.es está asociado á Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela.
URL
Project Type
Year Initiated
Record Status
Description (English)
Description (Original Language)